Instalar Trisquel

Éste manual de instalación é para principiantes e asume que non se posúe experiencia usando un sistema operativo GNU/Linux.

Conseguir Trisquel

Requisitos do sistema

Os requisitos de sistema mínimos para Trisquel, Trisquel Edu, e Trisquel Pro son os seguintes:

  • Procesador x86 de 700 MHz (1.5 GHz recomendados)
  • 256 MB de RAM (512 recomendado)
  • 3 GB de espazo no disco ríxido (8 GB recomendado)
  • Tarxeta gráfica compatible coa resolución 1024x768
  • Tarxeta de son
  • Conexión telefónica a Internet (conexión de alta velocidade recomendada)

Os requisitos de sistema para Trisquel Mini son menores:

  • Procesador x86 de 400 MHz (700 MHz recomendado)
  • 128 MB de RAM (256 MB recomendado)
  • 1.5 GB de espacio en el disco rígido (3 GB recomendado)
  • Tarxeta gráfica compatible coa resolución 800x600
  • Tarxeta de son
  • Conexión telefónica a Internet (conexión de alta velocidade recomendada)

Descargar a imáxe de CD

Ve a aquí e descarga unha imáxe .iso. Actualmente Trisquel soporta só as arquitecturas x86 (32-bit) e AMD64 (64-bit). 32-bit traballará na maioría das computadoras, polo que se tes dudas só continua coa descarga. De outro xeito, se sabes que o teu computador é capaz de usar software de 64-bit, quererás proba-la versión de 64-bit.

Quemando a imáxe nun CD

O arquivo .iso pode ser quemado nun CD ou nun DVD, ou instalado nunha unidade USB. Consulte éste manual para grabalo nun CD ou DVD, ou éste outro para crear un LiveUSB.

Pedir un DVD

Alternativamente, pódese pedir un DVD de Trisquel en On-Disk. Ésta opción será a mellos se tes unha conexión a Internet lenta.

Arrincando el LiveCD/DVD/USB

  1. Reinicia o teu computador.
  2. Nos primeiros segundos dende que o teu computador arrinca, poderás ve-la pantalla de benvida da BIOS. Presionando unha tecla (xeralmente será ESC, F1, F2, F5, F10 ou F12) irás a outra pantalla onde poderás elixir entre arrancar dende un CD, DVD ou unidade USB antes que dende o disco duro. Selecciona a opción apropiada da lista. http://imgur.com/9cE4q.jpg
  3. Logo verás as opcións de instalación. Elixe un idioma e logo selecciona Probar Trisquel sen realizar ningun cambio no meu computador do menú.
  4. Agora arrincase o entrono gráfico do LiveCD. Poderás probar Trisquel sen instalalo, e cun LiveUSB poderás gardarlos cambios. Cando estés listo para instalar Trisquel no teu disco duro, fai clic no ícono do escritorio "Instalar Trisquel", tamén se atopa no Menú Principal en SistemaAdministraciónInstalar.

Solución de problemas: ¿Non se pode arrincar o escritorio?

Se non podes chegar ó escritorio despois de seleccionar Probar Trisquel sen realizar ningun cambio no seu computador na pantalla de opcións de instalación, incluso logo de esperar un longo tiempo, necesitarás cambiarlos parámetros de arrinque.

Pulsa a tecla F4 para Outras opcións. Seleccionando ésta opción, una liña de "texto de inicio" aparecerá na parte inferior da pantalla, cun cursor no final da liña. O final da liña verase quiet splash--.

Usa a tecla de retroceso para elimitar quiet splash-- e reemplazalo por algun de éstos outros comandos:

  • noapic nolapic
  • acpi=off
  • irqpoll
  • lapic pci=routeirq

Algunha de éstas combinacións será a correcta para traballar nuna computadora onde non arraca o escritorio con fins de instalación.

Se as opcións de arrinque funcionaronche, terás que realizar algúns cambios no arquivo de texto /boot/grub/menu.lst logo de que a instalación conclúa.

Instalación

  1. Paso 1: Selecciona un idioma. Fai clic en Adiante.
  2. Paso 2: Seleciona a túa zona horaria e a ciudade más preto da túa localización. Ésta configuración pode ser cambiada máis tarde. Fai clic en Adiante.
  3. Paso 3: Selecciona a túa disposición de teclado. A disposición por defecto é probablemente a mellor.
  4. Paso 4: Cree unha partición onde instalar Trisquel. Seguramente debería escoller ext4, o estado do arte nos sistemas de arquivos "journaling"; ext3 é a versión previa deste sistema de arquivos. ext2 é unha versión antiga sen journaling, polo que lee e escribe os arquivos más rápido, pero é menos fiable en caso dun accidente ou un corte de enerxía. XFS é unha boa idea tamén, pero recorde que as particións XFS non podense reducir unha vez creadas. Tamén necesitarás unha partición Linux swap, o máis preferible é que sexa maior a 1 GB pero que non sexa maior a túa memoria RAM. http://imgur.com/NoPZY.png
  5. Paso 5: Introduce o teu nome e apelidos, e o nome que desexas para a túa computadora. Elixe o teu nome para inciar sesión e o contrasinal. Éste paso é moi importante. Asegúrese de que o seu contrasinal non pode haber sido imaxinada por ningén máis. Un contrasinal forte ten uns 10 carácteres de longo, inclúe unha combinación de letras minúsculas e maiúsculas, inclúe o menos un número, e non é unha verba que se atope nos diccionarios. fluffy1 o abc123 son contraseñas débilesM WodL73ggmiLhjB é un exemplo dun contrasinal moi forte. Ésta páxina describe un bo médoto para crear contrasinais irrompibles e fáciles de recordar.
  6. Paso 6: ...
  7. Paso 7 Confirma tódalas túas configuracións unha vez máis antes de comezar a instalación. Cando estés satisfeito, fai clic en "Instalar". A instalación pode tomar varios minutos. Cando ésta haxa terminado, poderás reinciarla túa computadora. Agora o LiveCD/DVD/USB pode ser extraido.

Post-Instalacion

Despois de reinciar, aquí hai un ou dous pasos máis antes de que poidas ve-lo escritorio:

  1. Se hai outro sistema operativo instalado no teu sistema verá-lo cargador de arrinque de GRUB. Selecciona Trisquel na lista. GRUB pode ser extensamente configurado despois. A documetación completa de GRUB está aquí.
  2. Cando apareza a pantalla de ingreso despois da pantalla de benvida haxa rematado, debes ingresar co teu usuario e contrasinal.

Algunhas outras cousas importantes antes de comezar:

  • Como Trisquel só inclúe software libre, algunhas pezas de hardware non funcionarán porque dependen de controladores privativos. Os dous problemas co hardaware máis comúns logo da intalación son a falta de aceleración 3D e as redes inarámicas. Para máis información, mira éste manual para os dispositivos de video e para comprar un dispositivo para navegación a inarámica consulte ésta lista. Tamén pode consultar ésta lista para coñecer o hardware que traballa cos sistemas completamente libres. Outro recuso útil é h-node.
  • Para ahorrar espazo no disco, Java non é soportado por defecto. Necesitará instalar OpenJDK e a extensión para o navegador web IcedTea.
  • Quererás poder reproducir-los DVDs cifrados. Para iso é necesario a biblioteca libdvdcss2 que está fora da instalación por defecto por cuestións de patentes de software. Éste manual explica cómo instalalo.
  • Se nunca antes usache GNU/Linux, estarás confundido co modo no que os paquetes son instalados, actualizados e desinstalados. Lee o noso manual introductorio de instalación de software para saber máis.

¡Disfruta do teu recén instalado sistema Trisquel GNU/Linux!

Revisión

03/03/2011 - 00:42
kenkeiras
11/24/2011 - 22:31
Khany